Glosario

Da A á I
Da M á Z

Actividade cinexética: Conxunto de accións relacionadas coa caza que constitúen unha actividade económica máis dos montes; transcenden o ámbito puramente forestal e desenvólvense en extensas áreas rurais. Inclúense na actividade cinexéticas múltiples funcións que caracterizan os terreos forestais: socioeconómicas, protección, ocio, etc.

Adscrito: Persoa física ou xurídica, pública ou privada, propietario ou xestor, interesado voluntariamente na certificación rexional para as superficies forestais incluídas no ámbito rexional que xestiona de forma sostible.

AENOR: Entidade dedicada ao desenvolvemento da normalización e a certificación (N+C) en todos os sectores industriais e de servizos. Ten como propósito contribuír a mellorar a calidade e a competitividade das empresas, así como protexer o medio ambiente.

Auditor forestal xefe: Persoa cualificada para dirixir e realizar auditorías de Xestión Forestal Sostible.

Auditor forestal: Persoa cualificada para realizar auditorías de Xestión Forestal Sostible, baixo a dirección dun auditor forestal xefe.

Cadea de Custodia:Proceso que verifica que a materia prima utilizada polas industrias transformadoras procede de bosques que foron xestionados de maneira sostible.

Capacidade de carga: Número (ou peso) de organismos dunha determinada especie ou calidade que poden sobrevivir nun ecosistema sen deterioralo, nas condicións menos favorables que se presentan durante un período de tempo determinado.

Certificación forestal: Procedemento polo cal unha terceira parte proporciona unha garantía escrita de que a xestión forestal é conforme cunha especificación técnica.

Criterio: Categoría de condición ou proceso co cal a xestión forestal sostible pode ser avaliada.

Desenvolvemento sostible:O feito de satisfacer as necesidades das persoas sen poñer en dúvida a posibilidade de que as xeracións vindeiras fagan o mesmo (Informe Bruntdland).

Directrices rexionais forestais: É un instrumento de ordenación da xestión forestal intermedio entre o nivel autonómico e a unidade de xestión (especies, quendas de corta, sistemas de ordenación, etc.) xeralmente preceptivos para os montes públicos e a concesión de incentivos - [1] PORN, PRUG, plans especiais, plans de producción forestal, etc.

Diversidade biolóxica: Riqueza total específica, taxonómica ou xenética contida na unidade de xestión. Comprende diversidade intraespecífica, interespecífica e de ecosistemas.

Documento: Escrito achegado polo xestor forestal, no que se determina o procedemento para levar a cabo as actividades que lles dan cumprimento aos obxectivos.

ENAC: A Entidade Nacional de Acreditación é o organismo designado pola Administración para establecer e manter o sistema de acreditación a nivel nacional, de acordo coas normas internacionais, seguindo en todo momento as políticas e recomendacións establecidas pola Unión Europea.

Entidade de certificación forestal: Terceira parte independente que avalía e certifica o Sistema de Xestión Forestal con respecto ás normas UNE de Xestión Forestal Sostible vixentes e conforme ao sistema español de certificación forestal paneuropeo.

Entidade solicitante: Persoa física ou xurídica que solicita a certificación dunha superficie forestal ou dunha empresa á que representa, xa sexa a escala rexional, de grupo ou individual.

Espazo protexido: Área legalmente declarada como tal e xestionada desde os aspectos da conservación e mellora dos ecosistemas de alto valor ecolóxico que alberga.

Especie significativa: Especie presente na unidade de xestión que destaca pola súa abundancia, rareza ou endemicidade, ou por estar incluída en catálogos de especies ameazadas ou para protexer.

Estado de nutrientes: Medida do grado no cal os requirimentos nutritivos dun organismo son satisfeitos baixo un determinado conxunto de condicións.

Fonte de información: Dato de partida do que se sirve o xestor forestal para a elaboración dos documentos.

Gandería extensiva: Crianza de ganado que afecta a grandes extensións de terreo, implica a utilización de baixas cargas pastadeiras por unidade de superficie e non forza substancialmente nin a alimentación nin o réxime reprodutor dos animais. A extensividade é un concepto relativo, que depende da capacidade de carga do medio. Deste modo, cargas aceptables en prados mesofíticos de alta potencialidade produtiva poden ser intensivas para pasteiros mediterráneos con limitacións climatolóxicas e edáficas.

Indicador: Parámetro cuantitativo, descritivo ou mixto que ao quedar suxeito a seguimento de forma periódica amosa o sentido do cambio. NOTA: Un indicador describe o contido do criterio de forma obxectiva e non ambigua.

Inventario: Levantamento estatístico matematicamente fiable das variables forestais da unidade de xestión.

>> Máis termos

Subvencionado por: