Preguntas frecuentes

A continuación preséntanse as seguintes FAQs, Frecuently Asked Questions:

>> Pode acceder a máis preguntas na seguinte páxina

¿Qué é a certificación forestal?

A Certificación Forestal é un instrumento que garante e que lle demostra ao consumidor que a madeira ou calquera outro produto forestal (cortiza, resinas...) procede dun bosque xestionado de maneira responsable e sostible.

¿Qué se certifica?

A certificación forestal consta de dúas partes claramente diferenciadas:

• Certificación da Xestión Forestal: aquela na que é obxecto de auditoría a xestión forestal realizada nos montes.

• Certificación da Cadea de Custodia: aquela na que é obxecto de auditoría a ratrexabilidade das materias primas de orixe forestal e os seus derivados, nos diferentes procesos de transformación ata chegar ao produto final.

¿Cómo se certifica?

A demostración de que a ordenación forestal e os produtos obtidos nun monte seguen os principios de sostenibilidade, pasa por superar a fase de auditoría á que debe ser sometida o monte e a materia prima desde a súa extracción ata o consumidor final.

No caso do sistema PEFC, será unha entidade de certificación acreditada e independente a que avalíe, a través dunha auditoría, o cumprimento dos estándares recoñecidos internacionalmente e os requisitos da certificación.

¿Qué esixencias comporta a certificación?

A certificación PEFC é un proceso voluntario e esixe o cumprimento dos criterios e indicadores das normas UNE de xestión forestal sostible e da lexislación forestal vixente.

¿Qué vantaxes e qué inconvenientes pode supoñer a certificación?

A certificación forestal PEFC é unha ferramenta que asegura a pervivencia en óptimas condicións dos bosques e establece o mecanismo de control sobre a procedencia e aproveitamento da madeira e outros produtos forestais que se consomen. Isto supón unha gran vantaxe competitiva fronte aos produtos de dubidosa procedencia e permite a apertura de novos mercados.

Por outro lado outórgalle ao consumidor a posibilidade de influír sobre a xestión realizada nas masas forestais para mellorala, de acordo con criterios sociais, económicos e ambientais. Como inconveniente,  pódese sinalar que é unha inversión a medio-longo prazo polo que a inversión realizada non produce beneficios inmediatos.

¿Por qué hai diferentes sistemas de certificación? ¿Haberá nun futuro un recoñecemento mutuo?

Na actualidade existen varios sistemas de certificación no mundo, cada un deles desenvolvidos cos criterios máis acordes coa realidade forestal e social de cada unha das rexións nas que son operativos. Esta diversidade de sistemas é favorable para a mellora da xestión forestal de cada unha das súas zonas e  permítese a libre elección. En xeral, parece innegable que os monopolios non son bos polo seu efecto limitador da oferta. O recoñecemento mutuo entre sistemas é unha das liñas de traballo más importantes do PEFC; por iso, o sistema PEFC estableceu un mecanismo de recoñecemento mutuo doutros sistemas de certificación.

¿Por qué PEFC?

• Porque proporciona o marco pan-europeo para desenvolver os principios comúns para a certificación.
• Porque establece os mecanismos para o recoñecemento mutuo dos sistemas de certificación desenvolvidos polos distintos países participantes.

Este recoñecemento mutuo:

• Evita a duplicidade de traballo e custos.
Permite o acceso aos mercados transnacionais, eliminando posibles barreiras comerciais.
• Evita a confusión do consumidor.
• Confírelle credibilidade pública ao sistema.
• Porque ofrece una marca colectiva, o logo PEFC, que garante que o produto forestal provén dun bosque xestionado con criterios de sostenibilidade.
• Porque PEFC fomenta o fortalecemento e mellora a imaxe da madeira como materia prima renovable.
• Porque PEFC contribúe á promoción e ao desenvolvemento do bosque, de maneira que sexa economicamente viable, ambientalmente apropiado e socialmente beneficioso.

>> Seguintes preguntas

Subvencionado por: