Procedemento propietario/a

A Entidade Galega Solicitante de Certificación Forestal Rexional PEFC, tras superar a auditoría documental (Referente Técnico Rexional, Directrices Rexionais, Procedemento de Control, Plan Simple de Xestión, rexistros...), fai posible o acceso á certificación forestal a todos os propietarios e xestores forestais galegos, independentemente do tamaño da súa propiedade, interesados en garantir e contrastar as prácticas de xestión forestal sostible que aplican nos seus montes.

¿Qué debo facer para formar parte da certificación rexional?

De forma esquemática, os pasos a dar por un propietario forestal interesado en obter o certificado PEFC rexional serían os seguintes:

  • Como condición previa, a superficie a certificar debe contar cun Plan de Xestión no que se detallan as actuacións que se van a levar a cabo na parcela. Para superficies inferiores a 25 hectáreas, a Entidade Galega Solicitante elaborou un Modelo de Plan Simple de Xestión para facilitar o acceso ás pequenas superficies. Este Plan Simple debe ser redactado por un Enxeñeiro Técnico Forestal ou Enxeñeiro de Montes, e visado polo Colexio de Enxeñeiros correspondente.
  • Cubrir un formulario de adhesión, e presentalo xunto co Plan de Xestión ante a Entidade Solicitante.
  • Coñecer dereitos e deberes do adscrito.
  • Coñecer e cumprir o Manual de Boas Prácticas.
  • Unha vez verificados os datos aportados (titularidade, superficie forestal…), a Entidade Galega Solicitante rexistra a solicitude cun número de identificación, e remite un documento de confirmación da adhesión.
Subvencionado por: