PEFC Galicia

ASOCIACIÓN GALEGA PROMOTORA DA CERTIFICACIÓN FORESTAL

No ano 2003, nace en Galicia a Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal, PEFC Galicia, como resposta ás inquietudes dun grupo de propietarios, industrias e outras entidades relacionadas co sector forestal, que compartían unha meta común: a necesidade de xestionar os montes galegos dun modo sostible e obter un certificado que o acredite.

PEFC Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro equilibrada na súa constitución e aberta á participación de organizacións de ámbito autonómico que unan todos os seus esforzos no desenvolvemento dunhas Directrices Rexionais, xunto coa divulgación e promoción do sistema PEFC Rexional.

ENTIDADE GALEGA SOLICITANTE DE CERTIFICACIÓN FORESTAL REXIONAL PEFC

A finais do 2004, constitúese a Entidade Galega Solicitante de Certificación Forestal Rexional PEFC, como unha asociación autonómica sen ánimo de lucro que ampara aquelas agrupacións, entidades ou organizacións representativas da propiedade forestal galega - propietarios e/ou xestores de terreos de uso forestal -, do aproveitamento forestal - empresas de traballos e/ou servizos forestais -, así como aqueloutras entidades con interese en participar e desenvolver, de forma equilibrada e conxunta, a modalidade de certificación rexional PEFC en Galicia.

A Entidade Galega Solicitante está conformada polas organizacións máis representativas do sector forestal galego, e será a encargada de solicitar e obter de PEFC España a aprobación dun sistema de certificación no ámbito rexional, así como velar polo seu cumprimento levando a cabo todas aquelas actividades e controis que o sistema PEFC esixa.

Subvencionado por: