A madeira é o piar da bioeconomía
É un recurso renovable, reciclable e reutilizable
En PEFC traballamos ao longo de toda a cadea de subministración forestal para promover unha xestión sostible nos montes, garantindo que se xestionan de acordo con esixentes requisitos ambientais, sociais, económicos e éticos.
A certificación forestal PEFC conecta ao consumidor coas orixes sostibles dos seus produtos.
O coidado da contorna permite o desenvolvemento das poboacións rurais, así como novas formas de lecer relacionadas co goce da natureza.
UN MONTE PEFC, asegura a súa produtividade (madeira, resina, cortiza, cogomelos, esencias, etc,) a longo prazo, xerando emprego e desenvolvemento da contorna rural mellorando as condicións socioeconómicas e culturais.
UN MONTE PEFC, é un hábitat idóneo para a biodiversidade, con valores como a conservación dos chans, a regulación dos ciclos hidrolóxicos, e a riqueza paisaxística, proporcionando lugares de lecer e recreo.
UN MONTE PEFC, contribúe á loita contra o cambio climático pola súa capacidade para actuar como sumidoiro de carbono. O CO2 permanecerá fixado nos produtos derivados do monte durante todo o seu ciclo de vida.